5 may 2010
3 may 2010
O Mércores 5 de Maio de 2010 Vota Varela
Fomentar a participación, a igualdade, a convivencia, a calidade e o benestar de todos, son principios básicos do noso proxecto de Universidade. Desexamos alcanzar a satisfacción de traballar e estudar nunha das mellores Universidades españolas e europeas.
De tí, de mín, de nós depende.
Entre todos facemos o que somos.
29 abr 2010
INICIATIVAS MESTRAS DO NOSO PROGRAMA DE GOBERNO
EXCELENCIA NA FINANCIACIÓN:
Pediremos que a financiación universitaria en Galicia se incremente, a lo menos, o 1% do PIB.
Negociaremos un cambio no sistema de financiación universitario que teña en conta, tanto o volume e a composición do noso patrimonio como a estrutura e composición da nosa plantilla de PDI e PAS.
EXCELENCIA NO EMPREGO:
Integraremos a todos os profesores acreditados nos seus distintos niveis.
Consolidaremos postos de traballo para os investigadores contratados (programas Ramón y Cajal, Parga Pondal e Juan de la Cierva) que estiveron traballando na USC e para os membros do PAS que se atopen desenvolvendo o seu posto de traballo na Universidade con carácter interino.
Plantexaremos unha distribución dos postos de traballo acorde ás necesidades de cada servizo, incluso as puntuais que en determinadas datas desbordan as capacidades de algúns dos servizos.
Recuperaremos a pérdida de poder adquisitivo do PAS para equiparala ao resto do persoal do Sistema Universitario de Galicia(SUG).
Estableceremos medidas que faciliten ao alumnado compatibilizar estudo e traballo.
Potenciaremos en distintas facultades da nosa Universidade foros de encontro que permitan pór en contacto aos nosos estudantes e titulados co ámbito empresarial.
EXCELENCIA NA CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL:
Crearemos Centros de Día para os Campus de Santiago e de Lugo e unha Gardería para o de Lugo.
Poremos en marcha o Teletraballo de forma progresiva e naqueles postos nos que se poda permitir a súa implementación, coa implicación directa dos sindicatos e no marco da Relación de Postos de Traballo (RPT) da Universidade de Santiago de Compostela.
EXCELENCIA NAS INFRAESTRUTURAS:
É noso firme propósito conseguir o recoñecemento de Campus de Excelencia en Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas e pór en marcha o Campus de Excelencia Agroalimentario e Forestal no Campus de Lugo.
EXCELENCIA NA COMUNICACIÓN:
Crearemos unha emisora de radio e un canle de TV propios da USC nas instalacións da Facultade de Ciencias da Comunicación para a formación práctica do estudantado e para a difusión de programas de interese universitario.
Impulsaremos a firma de convenios con operadores de telefonía móvil que outorguen condicións especiais para a comunidade universitaria.
EXCELENCIA NO RECOÑECEMENTO ACADÉMICO:
Regularemos o procedemento para facer efectivo o dereito dos estudantes ao recoñecemento académico pola súa participación en actividades culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación, para que ditas actividades se transfiran ao expediente do estudante e ao Suplemento Europeo ao Título (SET).
Posibilitaremos a realización do practicum en proxectos de cooperación ao desenvolvemento e participación social, recoñecéndose como formación a adquirida nestes campos.
EXCELENCIA NOS SERVIZOS Á COMUNIDADE UNIVERSITARIA:
Concluiremos a rehabilitación do C. M. Rodríguez Cadarso e extenderemos esta iniciativa ao resto das instalacións do SUR, empezando pola R.U. Bal e Gay de Lugo.
Convertiremos as bibliotecas nun servizo estratéxico, transformándoas nun Centro de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación (CRAI).
Resolveremos o problema xerado pola humanización do Campus Vida, mediante a oferta de 5.000 prazas de aparcamento para toda a comunidade universitaria en condicións especiais durante o horario lectivo. Ademáis negociaremos iniciativas similares para solucionar os problemas de estacionamento do Campus Norte-Casco Histórico.
Plan de saneamento dos ordenadores das aulas de informática para lograr un uso máis eficiente das nosas instalacións.
EXCELENCIA NA INVESTIGACIÓN:
Estimularemos a vocación investigadora e a formación en investigación, cun claro apoio aos xóvenes investigadores así como aos grupos de investigación xa consolidados.
Potenciaremos a creación de novos grupos de investigación en áreas máis deficitarias.
Impulsaremos a ampliación do número de becas de colaboración e de iniciación na investigación.
Incrementaremos o persoal adicado á investigación, favorecendo o desenvolvemento da carreira investigadora en todas as súas etapas.
Fomentar a participación, a igualdade, a convivencia, a calidade e o benestar de todos, son principios básicos do noso proxecto de Universidade. Desexamos alcanzar a satisfacción de traballar e estudar nunha das mellores Universidades españolas e europeas.
De tí, de mín, de nós depende.
Entre todos facemos o que somos.
28 abr 2010
Onte estiven en Lugo
Onte estiven en Lugo e presentei as distintas iniciativas que levo no Programa de Goberno para o Campus de Lugo. Algunhas delas son as seguintes:
Impulsaremos, con especial énfase, o deseño do Campus de Excelencia Agroalimentario (Enxeñaría agroforestal e Veterinaria). Este obxectivo leva aparellado a construción de centros singulares de investigación, o que conleva o deseño dun plan específico.
Crearemos un Centro de Día e a necesaria Gardería para acabar co desequilibrio en materia de conciliación entre a vida familiar e profesional.
Promoveremos un transporte público que una os campus de Santiago e Lugo, a través dunha conexión económica, ecolóxica e sustentable, atendendo así ás lexítimas demandas da comunidade universitaria.
Levaremos a cabo un plan de estabilización do persoal de administración e servizos.
Consolidaremos o Grao de Enxeñaría Industrial e transformaremos Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos (que está duplicada en Ourense) en Nutrición e Dietéticas Humanas.
Promocionaremos a finalización das obras da Facultade de Ciencias, trasladando toda a parte de laboratorios, docencia e investigación.
Manteremos o prestixio da homologación da European Association of Establishments for Veterinary Education (EAEVE).
Consolidaremos e afianzaremos o papel do Hospital Clínico Veterinario Rof Codina.
Transformaremos a Escola Universitaria de Formación do Profesorado en Facultade.
Melloraremos a oferta de prazas do sistema SUR e planificaremos as melloras na Residencia Universitaria Bal e Gay.
Melloraremos e ampliaremos a oferta de instalacións deportivas.
SE QUEREDES LER TODAS AS PROPOSTAS PARA LUGO, PODEDES DESCARGAR O PROGRAMA DE GOBERNO, QUE TEN UN APARTADO ESPECÍFICO PARA O CAMPUS DE LUGO.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)