28 abr 2010

Onte estiven en Lugo

Onte estiven en Lugo e presentei as distintas iniciativas que levo no Programa de Goberno para o Campus de Lugo. Algunhas delas son as seguintes:

Impulsaremos, con especial énfase, o deseño do Campus de Excelencia Agroalimentario (Enxeñaría agroforestal e Veterinaria). Este obxectivo leva aparellado a construción de centros singulares de investigación, o que conleva o deseño dun plan específico.

Crearemos un Centro de Día e a necesaria Gardería para acabar co desequilibrio en materia de conciliación entre a vida familiar e profesional.

Promoveremos un transporte público que una os campus de Santiago e Lugo, a través dunha conexión económica, ecolóxica e sustentable, atendendo así ás lexítimas demandas da comunidade universitaria.

Levaremos a cabo un plan de estabilización do persoal de administración e servizos.

Consolidaremos o Grao de Enxeñaría Industrial e transformaremos Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos (que está duplicada en Ourense) en Nutrición e Dietéticas Humanas.

Promocionaremos a finalización das obras da Facultade de Ciencias, trasladando toda a parte de laboratorios, docencia e investigación.

Manteremos o prestixio da homologación da European Association of Establishments for Veterinary Education (EAEVE).

Consolidaremos e afianzaremos o papel do Hospital Clínico Veterinario Rof Codina.

Transformaremos a Escola Universitaria de Formación do Profesorado en Facultade.

Melloraremos a oferta de prazas do sistema SUR e planificaremos as melloras na Residencia Universitaria Bal e Gay.

Melloraremos e ampliaremos a oferta de instalacións deportivas.

SE QUEREDES LER TODAS AS PROPOSTAS PARA LUGO, PODEDES DESCARGAR O PROGRAMA DE GOBERNO, QUE TEN UN APARTADO ESPECÍFICO PARA O CAMPUS DE LUGO.

No hay comentarios: