Quero participarvos que presentei a miña candidatura a elección de Reitor da nosa universidade. Asumo esta tarefa como un deber máis dentro das miñas obrigas universitarias, pero tamén coa ilusión de contribuir a seguir transformando a nosa universidade e a acrecentar os logros acadados nos últimos anos.
Somos conscientes do legado recibido e continuaremos nesta senda de mellora para consolidar a USC na élite das universidades españolas.
Coñecemos as dificultades que ten que afrontar a universidade pero sabemos ben como superalas. Temos entre todos capacidade abondo.
Facédesme falta para este esforzo que entre todos levaremos adiante.

No hay comentarios:
Publicar un comentario